Logramos el reconocimiento de incapacidad total permanente de trabajador frente al INSS.

Sentencia estimatoria de cliente: Trabajador encargado de fumigación.

Trabajador con afeccion de espalda en concreto compromiso radicular derecho moderado a nivel L5-S1, con limitación de la marcha. La Jueza considera esencial para su trabajador como fumigador la deambulación, es base a ello considera que queda más que acreditado según lo dispuesto en el informe de síntesis que se debe revocar la resolución del INSS y conceder la INCAPACIDAD PERMANETE EN GRADO TOTAL al trabajador y percibir el 55% de la base reguladora. Más las cantidades no abonadas desde la resolución del inss.

El Juzgado de lo social nº6 de Vigo considera que debe ser estimada la demanda presentada. En base a:

Do contido do citado informe médico de síntese podemos advertir que o demandante presenta un padecemento patolóxico de columna lumbosacra, dexenerativo e de evolución crónica con compromiso radicular dereito moderado a nivel L5-S1. Esta patoloxía xustifica plenamente a limitación de marcha, que o propio informe de síntese cualifica coma “marcha autónoma lenta” e xustifica tamén a presencia dunha dor limitante.

Malia ser a dor unha manifestación subxectiva, como puxo de relevo a letrada do INSS no acto do xuízo, no presente caso a patoloxía que o xustifica está presente coma xa indicamos e provoca un compromiso radicular moderado. Ademáis, o demandante se acha a tratamento na Unidade da Dor onde mantén un tratamento de dilatada evolución que, lonxe de evidenciar mellora no control da dor, evidencia unha evolución a peor constatada pola propia Unidade da Dor.

Con todos estes datos considero que o demandante non se acha en condicións de desenvolver a súa profesión de fumigador, profesión que implica o manexo de sustancias tóxicas e que require un axeitado control tanto da bipedestación coma da deambulación, extremos ambos que o demandante ten seriamente comprometidos pola dor a consecuencia do pacedemento dexenerativo da columna lumbosacra con afectación radicular moderada.